martes, 5 de junio de 2018

Últimas cousas para o recuncho

Durante o mes de marzo seguimos recibindo cousas para o noso recuncho. Estas foron as últimas aportacións.
 Aproveitamos para tocar e ulir as estrelas de mar que trouxeron Keila e a profe Ana
Andrea trouxo un debuxo para colorear que mide tres metros; en canto temos un rato libre, e de xeito voluntario, pintamos a paisaxe mariña.
Pedro visitou unha exposición sobre o Titanic
Esta semana estamos empezando a levar para casa todo o material que trouxemos. Danos moita pena desfacernos do recuncho do mar😓
Aproveitamos esta entrada para contarvos a nosa participación na elaboración dun conto viaxeiro entre todas as aulas do cole. O conto empezou nunha das clases de  tres anos e nós continuamos a historia.
A páxina da aula de tres anos
A nosa páxina
Unha vez rematado, o alumnado de sexto foi o encargado de vir a contárnolo.

4 comentarios: