martes, 20 de marzo de 2018

Sacapenas

SACAPENAS foi o conto protagonista na Sementeira o venres.
Bieito sempre está preocupado. Preocúpase polos chapeus, e polos zapatos. Preocúpase polas nubes, a choiva e os paxaros xigantes. A súa avoa, cando era nena, tamén se preocupaba por todo, por iso sabe moi ben como axudar ao seu neto. Un sacapenas é a solución ante tantas preocupacións.
E cales son as penas na Sementeira?
Decidimos facer nos nosos propios sacapenas para poder poñer debaixo da almofada
Pd. se os adultos tedes algunha pena, non dubidedes en pedirnos prestado un dos nosos bonecos  😋 Xa nos contaredes se realmente son efectivos.

2 comentarios:

  1. Conocemos una Sementeira que lleva toda la semana durmiendo con los sacapenas que hizo, le encanta dormir con ellos bajo la almohada.

    ResponderEliminar
  2. 😁😁lía también!No se olvida ni un día!

    ResponderEliminar