martes, 8 de octubre de 2013

Pasando Lista

Este ano a encargada e o encargado diarios teñen moito traballo durante o panel.
 o momento máis importante chega cando lles toca pasar lista.
 Estas fotos de Nerea e Pablo facendo un gran esforzo por identificar os nomes dos seus compañeiros e compañeiras son todo un exemplo de todo o traballo que fan.
¡Menuda cara de concentración!    ;)
"ya te lo dije yoooo nerea" . Eso era o que lle estaba a dicir Pablo á súa compañeira porque ela esta insegura co nome da tarxeta
Unha vez rematado o panel os encargados escollen un conto para contar.
 Xa temos no corredor de infantil a nosa "Mesa de Contos de Medo". 
Este ano está repleta de historias terroríficas e Nerea e Pablo tiveron que chegar a un acordo sobre cal era o conto que escollían. Cabe dicir que se decidiron rápido, porque hai días nos que o encargado quere un conto, a encargada outro e ata que chegan a un acordo "amistoso" poden pasar varios minutos onde a impaciencia dos compañeiros e compañeiras se mistura coa repetitiva pregunta da profe: ¿xa está escollido o conto chicos?

2 comentarios:

  1. QUÉ BIEN QUE HAYA DOS ENCARGADOS, ASÍ APRENDEN A TRABAJAR EN EQUIPO Y TOMAR DECISIONES CONJUNTAMENTE.
    POR MI PARTE, ME HE REÍDO MUCHO VIENDO LA CARA DE PABLO, LA VERDAD ES ASÍ DE EXPRESIVO SIEMPRE.
    GRACIAS POR ABRIRNOS ESTA VENTANA A TU CLASE Y VER COMO TRABAJAN LOS PEQUES. COMO MADRE DISFRUTO MUCHÍSIMO.

    ResponderEliminar
  2. JAJAJAJA!!! QUE BUENO!!!! Estes rapaces son moito!

    ResponderEliminar