viernes, 1 de febrero de 2013

"Coñecendo as Letras"

Esta semana estivemos facendo unha actividade que nos encantou: compoñer o noso nome estampando selos de letras. Foi moi motivante ir buscando as letras do noso nome e pegalas en orde no folio. Esta actividade forma parte do noso seguinte traballo viaxeiro: "As Nosas Iniciais". Xa case o temos rematado e pronto poderedes xogar na casa a atopar a inicial correspondente ao nome de cada compañeir@. Traballamos por primeira vez en parella, e axudámonos mutuamente a buscar aquelas letras que se nos resistían.
Aquí tendes algunhas fotos do proceso
estos son os selos que utilizamos

Esta parella tivo axudantes "improvisados"
 Todavía temos algún erro con determinadas letras que se empeñan en confundirnos, pero pouco a pouco e con moita práctica iremos poñendo nome a todas.


 Mirade o ben que están quedando os nosos nomes. 
Agora soamente falta pegar a nosa inicial e... Listo para viaxar!




5 comentarios:

  1. Que ben o fan!! Son uns artistas!! Daniela ten unhas iguais na casa, e encántanlle!!! Noraboa Ana por todo o que consigues. Un bico enorme.

    ResponderEliminar
  2. MENUDOS SODES PEQUECHOS DE TRES ANOS QUE RITMO LEVAMOS PARADE UN POUQUIÑO DE TANTO TRABALLAR DARLLE A NORABOA A ESA MAQUINA DE PROFE QUE TENDES EA VOS QUE APRENDEDES RAPIDISIMO UN BICO DOS PAPIS DE MIGUEL DO PASEO DO ESPOLON

    ResponderEliminar
  3. ¡Que ben vos está quedando ese traballo! Xa pasarei eu pola vosa aula para velo porque a verdade é que os vosos nomes quedan superchulis con esas letras!!!! Parabéns por todo o que estades aprendendo!

    ResponderEliminar
  4. UN LIBRO VIAXEIRO! QUÉ BIEN! SÉ QUE ES MUCHO TRABAJO REALIZAR UN "LIBRO VIAXEIRO" PARA LA PROFE PERO TAMBIÉN ES GRANDE LA ILUSIÓN DE LOS PEQUES AL TRAERLO A CASA. CLAUDIA DISFRUTABA MUCHO Y PABLO LE ENCANTA EXPLICAR EL TRABAJO QUE REALIZAN EN CLASE (Y A LOS PAPIS TAMBIÉN NOS GUSTA MUCHO).
    ES INCREÍBLE QUE A ESTAS ALTURAS YA HAGAN ALGUNAS LETRAS. PABLO RECONOCE SU NOMBRE (AÚN LE CUESTA ESCRIBIRLO, SOBRETODO LA B).
    GRACIAS ANA.

    ResponderEliminar
  5. Vai a quedar un libro estupendo mamis, pero estos días temos tanto que festexar na aula (entroido, paz,...) que o temos un pouquiño abandoado. Prometo que estará listo para empezar a viaxar despois de entroido!
    moitas grazas a tod@s polos vosos comentarios!
    bicos
    ahhh profe Teté avisa cando veñas de visita para ter a clase ben limpiña e así levamos un puntiño verde como premio no noso puntómetro! (tí xa nos entendes) ;)

    ResponderEliminar