miércoles, 11 de diciembre de 2024

Disfrutando do Nadal

 Chegou Decembro e con él, o mes máis máxico do ano. 


Na Sementeira festexámolo poñendo a árbore e cada día o encargado ou encargada ten a importante misión de encerderlle as luces















 
 
 

O encargado encendendo as luces

 

 Este ano a decoración xira arredor do GRINCH, un personaxe que o ano pasado dábanos un pouco de medo pero este Nadal xa é o noso amigo



 













 








  A nosa porte loce moi doce
















E adiviñades a quen lle damos o protagonismo da nosa bolsa de Nadal? Aínda quedan detalles por colocar pero estanos quedando moi ben!












As propostas de traballo destes días teñen temática navideña












Cada día contamos un conto de Nadal que escolle @ encargad@

































 








O noso calendario cada día nos propón unha actividade divertida

 

 Empezamos cantando panxoliñas

 

 xogamos tod@s xunt@s ao mémori, o xogo estrela na Sementeira

Fixemos un adorno para a nosa árbore e Rodolfo foi o protagonista

 

 

 


















Debuxamos estrelas na fiestra da aula (ou intentámolo) 














Fixemos grafismos nunha bota


 




















 

Comemos galletas de xenxibre e fixemos unha manualidade para o corredor

 

 






  






Hoxe, mércores a proposta non podía ser outra: ioga con Papá Noel


 
 

 




 























Aproveito para deixar por aquí fotografías das últimas sesións de ioga do ano. Durante a relaxación estamos practicando a controlar a respiración (inspirar e expirar) cunha pelota na barriga, que non se nos pode caer
 







Puxemos en marcha o noso FROITÓMETRO. 

 

 

Este ano gardaremos un pompón na nosa botella cada vez que traiamos froita os mércores















 Xa sabedes que na Sementeira somos de aproveitar ben o tempo e cando temos ratiños libres sempre xogamos tod@s xunt@s. Hoxe tocou PDI e xogos interactivos
 

Non nos esquecemos do noso Proxecto Plumas; cada día vemos os libros con toda a información que temos no recuncho e sempre atopamos datos novos sobre as urracas, o colibrí, os flamencos,...















Fixemos uns paxaros tolos para o corredor e practicamos a liña recta que, aínda que parece un grafismo sinxelo, ten a súa complicación


 























No hay comentarios:

Publicar un comentario