sábado, 22 de junio de 2013

Excursión a Seira

O mércores 19 foi un día moi especial para os nenos e nenas de infantil do cole Rosalía, porque fixemos unha excursión ata a Casa do Bispo, en Seira para coñecer un pouquiño mellor a profesión do escultor Camilo Seira e, de paso, facer un percorrido pola horta da casa e ver todos os animais que alí teñen os papás da nosa compañeira Carmen.
 Prestamos moita atención as explicacións de Nina e comezamos a visita
esta é Luna e acompañounos durante toda a mañá
 O primeiro que fixemos foi deixar as nosas merenda a bo recaudo, non fose a ser que a Luna lle entrase unha fame repentina  ;)
Despois tocou o turno das presentacións e coñecemos a Camilo.
Decidimos dividirnos en dous grupos para comezar a visita e así, mentras un grupo visitaba o taller o resto foron a ver os animais. Visitade os blogues dos Pementeiros e do Paseo do Espolón para ver todas as fotos!
 Soamente puideron aventurarse pola herba mollada os nenos e nenas que levaban botas de auga.
 O primeiro animal que coñecemos foi este fermoso mapache
 Despois chegou voando un paxaro que un bo día se quedou a vivir no hórreo da casa
O estanque cos cisnes era precioso. E ata houbo alguén que se levou de recordo algún tesouro en forma de pluma
 Coñecemos a Frida Kahlo e Diego Rivera
 Bacon é un porco celta moi larpeiro porque... sabedes cal é a súa comida favorita? o chocolate!!
 Bacon recoñece as persoas polo seu olor corporal e Candela, que o coñece, achegouse a saudar ao seu amigo
 Antes de achegarnos a ver os parrulos, as crías de oca e un flamante pavo saíron ao noso encontro. E nós encantad@s, claro!
 A casa das quicas gustounos moito pero a elas non as vimos porque andaban de paseo pola carballeira. Teñen unha vida moi estresante estas galiñas, non si?
 Despois tocoulle o turno as ovellas, galiñas, pombas, coellos,... bufff a estas alturas xa perdimos a conta dos animais que teñen na Casa do Bispo
E finalmente chegamos ata a carballeira, onde están os cabalos e... unha casa na árbore!
Aquí cambiamos de guía e marchamos con Camilo a ver o seu taller. Tivemos que atravesar un bosque de bambú

 No taller recibimos as explicacións de Camilo.
Cando quere facer unha escultura o primeiro que fai é un bosquexo nun papel
Despois empregando alambre e arxila modela a figura
Tomamos boa nota de todo o que nos estaba a contar. Seguro que cando xoguemos coa plastilina nos acordaremos de Camilo
Tamén nos contou que fai esculturas con caca de vaca, e a tod@s nos sorprendeu moito. Estivemos tocando e ulindo este material de modelaxe tan curioso
Gústalle moito facer figuras de gaiteiros; incluso ten unha marioneta
Para traballar a pedra emprega diversas ferramentas: cinceis, punteiros, mazas,...

E cando traballa a madeira utiliza unha motoserra pequena
Pinta cadros con diferentes texturas, que nos deixou acariñar
Amosounos un montón de pezas que forman parte da súa colección e contounos a historia dalgunha delas. Impresionáronnos: cabezas sentadas nun banco, nenas asomando polas fiestras, flores xigantes,...
Este gato está feito a partir dun debuxo que fixo Martín, o seu sobriño, cando tiña 4 anos


 E se pensades que aquí rematou a xornada, estades moi equivocad@s, porque o seguinte que fixemos foi xuntarnos tod@s para merendar. E de postre, un xeado xentileza da Casa do Bispo. Así da gusto!

A avoa de Carmen amosounos os diferentes tipos e tamaños de ovos que teñen na casa

Non temos palabras para agradecer á familia de Carmen, papá, mamá e avós polo cariño con que nos trataron, todo o que aprendimos con eles e o trato que recibimos. Moitísimas GRAZAS! Pasamos unha mañán fantástica que gardaremos para sempre no recordo.

4 comentarios:

  1. Que ben o pasaron!! A pena foi que non todos levaron botas de auga, eu pensei que non faría falta tanto zapato de choiva... jejeje!! Pero claro con esta primavera que tivemos estaría todo empapado... Bicos e noraboa por esa excursión estupenda!!

    ResponderEliminar
  2. qué pasada!!! qué envidia de excursión!

    ResponderEliminar
  3. QUÉ MANERA MÁS CHULA DE ACABAR ESTE CURSO. IR DE EXCURSIÓN SIEMPRE ES ALGO DIVERTIDO PARA LOS PEQUES Y ADEMÁS CREO QUE APRENDEN NUEVAS COSAS. ESTE CONTACTO CON LA FLORA Y FAUNA ES MUY ENRIQUECEDORA Y SANA PARA ESTA GENERACIÓN (DEMASIADOS JUGUETES O VIDEOJUEGOS), VIENE BIEN RESPIRAR AIRE PURO DE VEZ EN CUANDO.
    GRACIAS A LAS PROFES DE INFANTIL Y SOBRETODO A LA FAMILIA DE CARMEN.

    ResponderEliminar
  4. Foi un día estupendo e iso que o tempo non nos quixo acompañar moito; eso si a choiva respetounos e non molestou durante toda a xornada!!
    pasárono moi ben e estaban emocionados-as. Cando chegamos ao cole tiñan unhas caras de ledicia que daba gusto velas.

    ResponderEliminar