O pasado 24 de febreiro conmemoramos o aniversario de Rosalía de Castro e fixemos un marcapáxinas coa súa flor favorita para levar a casa e empregar cando leamos un conto

Tamén debuxamos as nosas Rosalías
Seguimos gozando das visitas das familias, que nos veñen a contar un conto. A mamá de Noel visitounos o pasado martes 27 para pasar un rato moi entretido cun libro de preguntas e respostas
Esta semana foi o turno da mamá de Lois, que nos contou a historia do Ratiño Pérez
Hoxe fixemos unha plantación de castiñeiros no monte dos que agardamos apañar moitas castañas nun futuro e axudar a repoboar o Santiaguiño para conseguir que medre un fermoso souto






























































