jueves, 14 de mayo de 2020

Dúas Semanas en Imaxes



Detectives de Palabras

A proposta de hoxe consiste en converternos en detectives caseiros.
#euquedonacasa
Como bos detectives caseiros, debedes completar unha listaxe das letras do abecedario con obxectos que teñades por casa
 Déixovos enlaces a algún xogo interactivo para que pasedes un rato entretido xogando coas letras
DORAEMON ADIVIÑA AS LETRAS DO ABECEDARIO
ABECEDARIO CON PUNTOS
APRENDER O TECLADO DO ORDENADOR
 IDENTIFICAR AS LETRAS DO ABECEDARIO

miércoles, 13 de mayo de 2020

Puntillismo

O puntillismo é unha das técnicas de pintura máis sorprendentes, xa que en ocasións, parece mentira que algúns dos cadros deste movemento fosen realizados punto a punto. Esta, precisamente, é a base da corrente puntillista: a realización dun cadro a partir de minúsculas manchas de pintura que, na súa unidade, forman unha imaxe. O puntillismo xurdiu de man do artista Georges Seurat, sendo o seu contemporáneo Paul Signac outro dos pioneiros da técnica. Ambos revolucionaron o panorama artístico da época ao prescindir das pinceladas e empezar a usar pequenos puntos que, vistos a certa distancia, formaban a imaxe desexada. Moitos foron os artistas que, posteriormente, traballaron o puntillismo. 
A proposta de hoxe consiste en crear unha obra empregando a técnica do puntillismo
#euquedonacasa
Aquí déixovos algúns cadros puntillistas. Son realmente sorprendentes.

Georges Seurat

Paul Signac

Jerry O Wilkerson

Phan Thu Trang

James Cochran

 Unha das cousas que fan máis interesante a un pintor ou a un artista en xeral é aquilo que pode achegar á historia da arte; falamos da orixinalidade á hora de compoñer o seu traballo, todo aquilo que o fai recoñecible e diferente. Trátase de que nada máis ver a obra podamos asociala cun autor concreto. Todas estas reflexións xúntanse na figura de Seurat,  un dos artistas máis destacados do século XIX.

 Para facer unha obra puntillista soamente necesitamos papel hixiénico ou de cociña e rotuladores; unha forma diferente de traballar grafismo non vos parece? ademais desenvolvemos a capacidade de atención, a nosa creatividade, o sentido estético,...

Tamén podedes convertervos en grandes artistas do puntillismo pintando a vosa propia versión do cadro "Tarde de domingo na illa da Grande Jatte". Seurat estivo a traballar nesta obra por máis de dous anos, diariamente e con esmero. Vos podedes ir pintando cada día un pouquiño ata que a rematedes. Lembrade que esta técnica require ter unha paciencia e unha dedicación absolutas.

 

E para relaxarnos un pouco despois de tanto punto, podemos facer un pouco de ioga

Na páxina web do cole tedes novas actualizacións

RETO LETRAS GALEGAS 

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL 

ENGLISH 

AULA BAOBAB 



martes, 12 de mayo de 2020

O Día das Enfermeiras

O Día Internacional da Enfermeira celébrase o 12 de maio en todo o mundo con ocasión do aniversario do nacemento de Florence Nightingale, coñecida tamén como "A dama da lámpada" polo seu costume de realizar roldas nocturnas cunha lámpada para atender aos seus pacientes. 
A OMS  declarou o ano 2020 como o ano das enfemeiras por coincidir co 200 aniversario do seu nacemento.
A proposta  de hoxe consiste en facer unha pequena homenaxe a todo o persoal sanitario que loita contra o Covid-19
#euquedonacasa
 Os nenos e nenas saben ben o esforzo que todo o sistema sanitario está a facer na batalla contra o coronavirus. Son pequenos pero moi conscientes de que o papel de médicos e enfermeiros é decisivo nesta loita contra o coronavirus. 
 Que vos parece se lles facemos unha pequena homenaxe con mensaxes de agarimo e de admiración? podedes facer un debuxo, elaborar un cartel cunha mensaxe de apoio, gravar un vídeo,... todo o que se vos ocorra para agradecer o seu traballo e festexar este día.
Imos a coñecer un pouco mellor a Florence.
Ás enfermeiras empezáronas a chamar reiseñores pois o apelido de florence significa "reiseñor"
"Atribúo o meu éxito a que nunca dei nin aceptei ningunha escusa"
Florence Nightingale

lunes, 11 de mayo de 2020

Letras Galegas 2020

O vindeiro domingo 17 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
A data de celebración deste evento débese a que en tal día como ese, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares galegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural do galego. 
A proposta de hoxe (e toda a semana) está enfocada a coñecer a figura do autor homenaxeado este ano:
 Ricardo Carvalho Calero.
#euquedonacasa
 Nos seguintes enlaces podedes xogar e aprender con diferentes actividades interactivas
 Ricardo Carvalho Calero publicou no ano 1984 un relato breve titulado "As pitas baixo a choiva" que narra un feito anecdótico da infancia do autor. As propostas escritas que vos fago a continuación están relacionadas con este conto. Propóñovos facelas ao longo da semana.


viernes, 8 de mayo de 2020

Palabras Homógrafas

A proposta de hoxe consiste en xogar coas palabras homógrafas
#euquedonacasa
Déixovos unha tarefa impresa e material imprimible para xogar

jueves, 7 de mayo de 2020

Tesoiras

Que vos parace traballar un pouco a destreza manual?
A proposta de hoxe consiste en xogar coas tesoiras
#euquedonacasa
Deixade voar a vosa imaxinación e compartide as vosas creacións 📷