Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 5 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
sábado, 23 de mayo de 2020
viernes, 22 de mayo de 2020
O Río
Rematamos este #proxectoríosnacasa con poesía.
A proposta consiste en ilustrar o poema "O Río" de Manuel María.
jueves, 21 de mayo de 2020
Paseo polo Río
Seguimos co #proxectoríosnacasa.
A proposta de hoxe consiste en pasear polo río.
Que vos parece facer un percorrido pola beira do río?
No pdf que vos adxunto tedes actividades para facer antes, durante e despois do paseo.
Para ir quentando motores e preparar a saída, propóñovos o seguinte xogo de mesa.
Durante o percorrido podedes recoller todo o que se vos ocorra para facer uns pinceis moi,... naturais😉 que despois podedes usar para pintar un bonito debuxo.

Tedes tempo para facer estas actividades (e lembrade que son sempre voluntarias). Non esquezades facer algunha foto ou vídeo para compartir con tod@s
miércoles, 20 de mayo de 2020
Ficha Informativa
Seguimos co #proxectoríosnacasa.
A proposta de hoxe consiste en elaborar unha ficha informativa de calquera dos animais e prantas do taboleiro de imaxes.
#euquedonacasa
A páxina web do centro segue a actualizarse
martes, 19 de mayo de 2020
O Río
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos.
O centro participa no proxecto. No seguinte enlace podedes ver as actividades que se levan feito ata o de agora
As propostas que farei ao longo do que queda de semana estarán enfocadas a participar no proxecto.
#euquedonacasa
#proxectoríosnacasa
Hoxe coñeceremos algunhas das características da flora e da fauna dos ríos galegos. A actividade consiste en inventar frases nas que se debe empregar o novo vocabulario traballado.
lunes, 18 de mayo de 2020
Arte + Letras
Onte festexamos a festa das Letras Galegas,...
... e hoxe é o Día Internacional dos Museos
Facemos unha visita virtual por algún museo?
... e hoxe é o Día Internacional dos Museos
Esta imaxe do pintor Leandro Lamas circulou onte polas redes sociais para festexar o Día das nosas Letras.
A proposta de hoxe consiste en misturar Arte con Letras e poñer un broche de ouro a través da arte ao Dia das nosas Letras
#euquedonacasa
A parte da arte consiste en recrear a imaxe anterior de Leandro Lamas
Ademais de en moitísimos cadros, podemos encontrar os seus deseños en murais, carteis, ilustracións literarias,...
A proposta de hoxe consiste en misturar Arte con Letras e poñer un broche de ouro a través da arte ao Dia das nosas Letras
#euquedonacasa
A parte da arte consiste en recrear a imaxe anterior de Leandro Lamas
O labor artístico de Leandro Lamas non
se reduce ao pictórico xa que tamén é actor e director de teatro,
mostrándose como un autor polifacético e comprometido co noso país e a
nosa cultura.
De feito, un dos seus contos ilustrados, é dos favoritos da nosa biblioteca de aula
Apetécevos practicar o estilo de Leandro Lamas coloreando esta ilustración?
A parte das letras consiste en buscar unha palabra en galego que vos guste polo seu significado, por como soa na nosa lingua, ... e escribila ben grande nun folio. Seremos capaces de xuntar moitas? Animádevos !
![]() |
| "Poemas con piruleta", de Carlos Fontes. Ilustracións Leandro Lamas. Ed Galaxia |
viernes, 15 de mayo de 2020
Bolsa Misteriosa
Lembrades cales son os cinco sentidos?
A última proposta da semana consiste en desenvolver o noso sentido do tacto a través dunha actividade sensorial.
#euquedonacasa
Debemos buscar obxectos pola casa e metelos nunha bolsa misteriosa. Cos ollos tapados temos que descubrir o que é cada cousa utilizando unicamente o sentido do tacto
#euquedonacasa
Debemos buscar obxectos pola casa e metelos nunha bolsa misteriosa. Cos ollos tapados temos que descubrir o que é cada cousa utilizando unicamente o sentido do tacto
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















