Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 5 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
A proposta de hoxe consiste en conmemorar o Día Mundial dos Océanos
#euquedonacasa
Antes de traballar con algún do material impreso, podedes pasar un rato divertido con varios xogos que vos propoño, e mentres traballades podedes escoitar estas cancións
Como levas a elaboración da guía con consellos para coidar o noso Planeta?
Xa pensaches a quen lla vas regalar?
Despois de ver o conto "¿Qué le pasa al Planeta? seguro que se che ocorren moitas ideas para coidalo moito mellor. Podes escribilas nas páxinas da túa guía.
Anímate a facer un vídeo onde expliques as túas ideas, algún consello,... e todo o que se che ocorra para coidar a Terra. E se che apetece enviar fotos poñendo en práctica algún dos consellos que se dan na guía que estás a elaborar (apagando as luces, dando un paseo sen usar o coche, reciclando, levando as túas bolsas ao super,...), tamén serán benvidas.
Mañá venres celebramos o Día mundial do Medio Ambiente.
Que vos parece se nos imos preparando para festexalo?
A proposta de hoxe consiste en empezar a elaborar unha guía con consellos para coidar o noso planeta.
#euquedonacasa
Vai facendo pouco a pouco as follas que a compoñen; para conseguir elaborala debes paxinalas, recortalas e montalas. Unha vez rematada podes regalarlla a quen tí queiras e explicarlle os consellos que se recollen nela.
Hoxe, 3 de xuño celebramos o Día Mundial da Bicicleta
A proposta de hoxe será festexalo, como non pode ser doutra forma, cun paseo en bici
#euquedonacasa
Para que non teñamos ningún percance durante o noso paseo debemos de ter moi en conta algunhas normas básicas de circulación vial que podedes practicar con este xogo interactivo
As actividades que podedes descargar a continuación inclúen un xogo de mesa (Oca da bicicleta Cleta), un exercicio de imaxinación no que debedes inventar novos significados para os sinais de tráfico e unha actividade impresa coa que recordar algunhas das normas que deberemos cumprir durante o noso paseo.
A proposta de hoxe consiste en descifrar mensaxes a partir don código secreto.
#euquedonacasa
Adestraremos habilidades de comprensión lectora mentres nos divertimos descifrando mensaxes, comprenderemos o sentido da unión de símbolos ou debuxos para formar mensaxes, favoreceremos a reflexión sobre as diferentes letras, os seus sons e as palabras nas que aparecen e espertaremos o interese e gusto pola lectura.
No pdf que vos adxunto podedes atopar o Código Secreto da Sementeira e unha mensaxe da profe para que descifredes. Animádevos a compartir a vosa mensaxe para que a poidamos descifrar nas casas.
Xa que hoxe empezamos semana e mes, a proposta será coñecer algunhas das datas sinaladas do mes de xuño.
#euquedonacasa
As actividades que vos propoño son realizar unha tarefa escrita (que xa ven sendo unha rutina cada primeiro de mes) para coñecer as datas sinaladas en xuño, elaborar un rexistro do tempo mensual (podedes pegar o registro na neveira e cada día anotar se fixo sol, se choveu,...), e traballar vocabulario resolvendo unha sopa de letras.