miércoles, 18 de septiembre de 2024

Primeiros días

 Pouco a pouco imos retomando vellas rutinas sementeiras e adquirindo outras, pois estar na aula de 4 anos conleva cambios importantes😉 como din os Sementeiros e Sementeiras, agora somos os do medio (xa deixamos de ser os pequenos do cole)

Os primeiros días de cole foron de xogo e exploración de novos recunchos

































































 


Demos a benvida as nosas novas compañeiras, Daniela e Emma que xa están máis que integradas no grupo e presumimos dunha  pulseira que nos acreditaba como nenos e nenas da aula de catro anos














Festexamos o aniversario de Alessia, que xa ten catro anos e marchamos coas barrigas cheas e un agasallo da nosa compi

















Este ano cada celebración de aniversario levará para casa un pequeno recordo feito con moito cariño por todos os compañeiros e compañeiras





A hora do patio disfrutámola a tope!







Puxemos en marcha un obradoiro de grafismo creativo que se prolongará durante todo o curso. Na primeira tarefa traballamos as liñas rectas









E tamén tivemos tempo de arrancar o noso proxecto de aula; pero diso xa falaremos noutra entrada😉

martes, 10 de septiembre de 2024

Empezamos

 Xa está todo listo para recibir mañá aos Sementeiros e Sementeiras. Este ano seremos a aula de catro anos do Rosalía con dúas novas compañeiras que estamos desexando coñecer!! Novos espazos, recunchos e materiais agardan polos nenos e nenas que, de seguro disfrutarán a tope ao longo do curso. Mañá será un gran día!





















 
AGARDÁMOSVOS