miércoles, 6 de mayo de 2020

Anuncio

A proposta que vos achego hoxe está relacionada co mundo da publicidade. 
Inventamos un anuncio?
#euquedonacasa
De todos os anuncios que coñeces, cal é o teu favorito e por que? que anuncia? onde o viches ou escoitaches?
Anímate a facer un anuncio. Podes gravalo e compartilo con tod@s.
Tedes novas actualizacións na web do cole

martes, 5 de mayo de 2020

Apócemas


A proposta de hoxe consiste en inventar unha apócema
#euquedonacasa
Hoxe propóñovos converternos en temibles bruxos e bruxas, e elaborar a mellor apócema xamais inventada. Que ingredientes lle botarías? onde e como a elaborarías? e o máis importante,... para que serviría?
Animádevos a mandar os vídeos coas vosas pocións

lunes, 4 de mayo de 2020

Maio

O venres día 1 festexamos o Día do Traballo.
De todas as profesións, cal é a que máis chama a túa atención?
Facemos outra rolda de adiviñas, esta vez sobre as profesións?
E de maior en que che gustaría traballar?
A proposta de hoxe consiste en falar das profesións. 
#euquedonacasa
Pídelles aos adultos cos que estás que che expliquen en que consiste o seu traballo, o que máis lles gusta e o que menos de ter que traballar, cantas horas traballan ao día, como é o lugar onde traballan,... e todo o que se che ocorra. Despois pensa no que che gustaría ser de maior. 



jueves, 30 de abril de 2020

Mamá

Este Domingo celebramos o Día da Nai, polo que
a proposta de hoxe é unha homenaxe a todas as mamás.
#euquedonacasa
Que importantes son as nais nas nosas vidas, verdade?
E os bicos da túa,... a que saben?
Que sensacións che provoca ver este cadro?
 Que é o que máis chama a túa atención?
"Nai e filla" de Gustav Klimt

miércoles, 29 de abril de 2020

Picnic

Que vos parece se convertimos a hora da merenda nun momento especial? 
A proposta de hoxe consiste en facer un picnic
 (caseiro por suposto😉)
#euquedonacasa
Podedes aproveitar a mañá para pensar o lugar da casa onde facelo, as cousas que ídes levar de merenda,... e ata podedes elaborar decoración festeira.
Non esquezades mandar unha foto para compartir con tod@s!

Tedes novas actualizacións na web do cole

martes, 28 de abril de 2020

Medimos?


A proposta de hoxe consiste en traballar a través do conto "unha vella tiña un can" diferentes conceptos: memoria, atención, lectoescritura, imaxinación e medidas.
#euquedonacasa
Debedes escoitar a canción con moita atención e despois facer un listado de todos os personaxes que saen no conto. Pensade tamén cales deses animais poderían estar na vosa cama; caberían todos? cal vos daría máis medo? tendo en conta os tamaños dos animais, cal é o máis grande e cal o máis pequeno? e,... unha última pregunta: canto mide a vosa cama?
Sabedes que podemos usar diferentes partes do noso corpo para medir?
 mirade atentamente o seguinte vídeo
 Con estes xogos podedes poñer en práctica o que vos explican no vídeo
No pdf que vos deixo a continuación están as tarefas impresas sobre o conto e diferentes propostas de actividades para traballar a medida.