Ao longo da semana realizamos unha manualidade para facer lámpadas que colgarán do corredor de infantil. E por que tantas lámpadas, preguntaredes? pois porque están directamente relacionadas coa temática do noso proxecto de aula para este ano
![]() |
| Así iban quedando,... |
Esta actividade non só serve para decorar o noso espazo común, senón que tamén ilumina a nosa curiosidade e marca o punto de partida do gran fío condutor que guiará as nosas aprendizaxes durante este curso. De ahí que os nomes dos nosos equipos este trimestre teñan unha temática común,... A LUZ
Hoxe fixemos un pequeno faladoiro ao que demos resposta a varias preguntas da profe. Non tod@s estiveron interesad@s en participar pero pouco a pouco iranse acostumando a estas dinámicas de traballo e serán máis as achegas que fagan.
- Na Sementeira traballamos a lectoescritura a través do nome propio. Nesta sesión, os nenos e nenas estamparon témpera líquida sobre as letras do seu nome utilizando bastonciños dos oídos, o que favorece a súa destreza e motricidade fina.
- Na aula de desdobre fomentamos a aprendizaxe cooperativa pois estiveron resolvendo diferentes puzles xogando en parellas.
Aproveitando que o martes non paraba de chover, descubrimos un instrumento musical de percusión chamado pau de choiva; cando o moves de arriba a abaixo soa igualiño que as pingas de choiva ao bater no tellado do Rosalía
Comezamos unha nova actividade relacionada cos grafismos. Esta proposta consiste en realizar diferentes trazos (esta vez foi o trazo vertical) con cores de outono. Entre os seus grandes beneficios destacan o desenvolvemento da motricidade fina e a preparación para a escrita, a mellora da coordinación óculo-manual, o fomento da creatividade e orientación espacial, e o estímulo da atención e a concentración. Non sabedes o concentrados e concentradas que realizaron tod@s esta actividade. E os resultados foron fantásticos! Levámola a cabo en pequenos grupos espontáneos de traballo mentres o resto de compis disfrutaban do xogo simbólico na aula de usos múltiples e, como non deu tempo a que a fixeran todos-as nesa sesión, continuamos despois do recreo
Hoxe realizamos un xogo para interiorizar o nome dos compis e o equipo ao que pertencen, unha actividade na que todos participaron con moito entusiasmo
Por últimos deixo por aquí unha foto con todas as prendas de roupa perdidas estas semanas; na medida do posible tratade de etiquetar a roupa para que as coidadoras non teñan dificultades para identificala
Se recoñecedes algo escribídeme na libreta ;)












































































































