jueves, 17 de septiembre de 2015

Manuelita

Hoxe escoitamos a canción "la tortuga manuelita".
 Manuelita viaxaba a París para poñerse guapa e nós aproveitamos para coñecer un dos monumentos máis famosos do mundo. Adiviñades cal?
No vídeo da canción tedes unha pista
A Torre Eiffel
Tour Eiffel Wikimedia Commons.jpg
Cando a profe Ana presentou esta fotografía e preguntou se alguén sabía o que era iso, LUCAS díxonos que era a Torre Eiffel. Quedamos tod@s sorprendidas pola gran resposta do noso compañeiro. Moi ben Lucas !!
Aprendemos que a torre está en París, que é moi alta, ten escaleiras e un ascensor, e que está feita de ferro.
Por certo, PEDRO Pérez díxonos que tiña que avisar a mamá para que o levase a visitar a torre. Toma nota mami !! 
A actividade impresa de hoxe estivo, como non, relacionada coa Torre Eiffel.

Despois de traballar, xogamos cos pinchos e os animais
E cando rematamos de merendar fomos á pantalla dixital (P.D.I.). Estamos aproveitando estos últimos días en pequeno grupo para ir visitando as dependencias do centro que máis imos a utilizar.
Alí vimos fotos da Torre Eiffel e escoitamos de novo a canción de Manuelita.
Por último contarvos que por fin se incorporou ao grupo AITANA, que estivo maliña e non puido vir ata agora. Benvida compañeira !!

Mañá é un día moi importante porque estaremos tod@s xunt@s por primeira vez dende que comezamos o período de adaptación.
Seguro que o pasaremos xenial !!

2 comentarios:

  1. Que ben o pasan estes nenos non podia haber unha profesora mellor e tan boa, ainda que aitana ten carina de soprendida..non vos fiar e unha pillina jijiji, o primeiro wue dixo o salir foi manan quero volver e que a profe ana lle deu un bikino, asique gracias ana por facer que todo sea mais facil pos nenos e para os papis

    ResponderEliminar
  2. Patricia Rey, cando a tía dí que é unha boa profe é unha boa profe o que pasa é que ti nunca me fas caso!!! Que feitos están tan pequeniños... parece onte cando empezou a miña cativa... como pasa o tempo... Moitos bicos para todos e moita sorte co grupo Ana!!!

    ResponderEliminar