jueves, 2 de abril de 2020

Mini-Mundos

Na Sementeira tivemos un entretemento novo que pode axuntar case todos os tipos de xogo (de construción, de exploración ou científico, social, fantástico, simbólico, con regras…) e nunca será igual que a vez anterior; trátase dos MINI-MUNDOS

Moitas das habilidades que se desenvolven con este xogo son obvias, pero hai outras máis sutís :
-  Imaxinación.
-  Creatividade.
- Vocabulario e habilidades de comunicación.
- Motricidad fina.
- Intelixencia sensorial: traballando con variedade de estímulos e materiais e aprendendo a manipulalos. 
-  Persistencia: por conseguir recrear no xogo o que ten na súa mente.
-  Intelixencia emocional: ao xestionar as vidas e historias dos habitantes das súas elaboracións e ao revivir as súas propias experiencias a través deles.
- Intelixencia social: cando hai varios nenos construíndoos e teñen que discutir, argumentar ou chegar a acordos sobre como van xogar. 
- Independencia no xogo: aprenden a inventarse os seus propios universos de principio a fin, a crear os seus propios recursos e a atopar todo o que necesiten para levalos a cabo. 
- Solución de problemas: resolver os conflitos que van xurdindo do xogo tamén lles fai aprender.
-  Experimentación científica: ao tentar construír algo que se imaxinan pero as leis da física non llo permiten. 
O material que se necesita é moi sinxelo de xuntar: paus, pedras, algodóns, plumas, carretes de fío, pasta alimenticia, animais de xoguete, fabas, garbanzos, tapóns de plástico, area, auga, rollos de papel hixiénico, corchos, chapas, pinzas da roupa, canicas, cunchas,... e todo o que a vosa imaxinación discorra.
Este é un vídeo cos que nos deu tempo a facer na clase.
A actividade que vos propoño hoxe é crear un minimundo.
#EUQUEDONACASA
xogamos?
Rematamos cunha actividade impresa de recollida de información sobre o mini-mundo creado.
Tamén podedes gravar e mandar un vídeo explicando a vosa creación 😉


3 comentarios: