viernes, 2 de octubre de 2020

Granada e Plastilina


Esta semana estivemos coñecendo unha das froitas típicas de outono: a granada.

Vimos como era por fóra pero o que máis chamou a nosa atención foi o seu interior.


Coloreamos de vermello a froita con ceras duras; Estamos practicando a coller ben as ceras, afianzando a nosa lateralidade, esforzándonos en traballar concentrados-as durante un período de tempo, entendendo as consignas de traballo que nos transmite a profe,...




  




 



Non puidemos degustala pola normativa covid polo que vos propoño que a proben na casa. Podedes aproveitar para incluir na cesta da compra esta froita tan chamativa, sacar algunha foto e enviala ao correo electrónico. Procurarei imprimir todo o material que me chegue e así entre tod@s ir enchendo de recursos atractivos e significativos para os nenos e nenas o noso recuncho de outono.

Iniciamos unha nova rutina de xogo: o momento da modelaxe con plastilina. Gustou moito este recurso na Sementeira! Xogar coa "plasti" ten múltiples beneficios:

* Desenvolvemento da motricidad fina.  Xogando con plastilina os nenos adquiren axilidade, forza e destreza cos seus dedos. O dominio da motricidad fina é fundamental para o desenvolvemento do proceso da lectoescritura. Os nenos traballan de xeito lúdico a destreza das súas mans e dedos para poder coller o lapis con certa soltura e poder realizar os pequenos movementos de man e de dedos necesarios para escribir as diferentes letras. 
Creatividade. A través da plastilina desenvolven a súa creatividade xa que imaxinan, crean e materializan os pensamentos que teñen na súa mente, polo que achega múltiples beneficios á súa fantasía e permítelle incentivar a súa imaxinación.
* Diferenciar cores. Utilízase moito en Educación Infantil porque permite ao neno diferenciar cores, así como amasar, abrandar, separar e volver unir pezas, etc. 
* Proporcións. Do mesmo xeito que aprende a diferenciar cores, tamén se afan aos diferentes tamaños e proporcións das cousas.
* Concentración. Xogar coa plastilina favorece a concentración dos nenos e nenas. Trátase dunha actividade motivante, entretida e divertida que lles mantén ocupados en períodos de tempo que poden ser bastante longos.
Relaxación. É unha actividade plástica e manual que lles relaxa e tranquiliza. 
Desenvolvemento da personalidade e os gustos propios. A través da plastilina os nenos e nenas expresan os seus propios gustos persoais ao imaxinar, crear e materializar os seus pensamentos dando forma ás súas figuras favoritas e escollendo as cores que máis lle gustan. 
* Autoestima. A plastilina pode aumentar a autoestima e a motivación dos nenos e nenas xa que grazas a ela conseguen realizar as figuras que se propoñen. Na Sementeira sempre nos felicitamos por todas as cousas bonitas que facemos con plastilina e o ben que quedan ! 
 











Todo son vantaxes xogando coa plastilina. Se todavía non tedes este recurso na vosa casa non dubidedes en ofrecerllo aos nenos e nenas. Eso sí no momento de recoller armádevos de paciencia porque teñen que afacerse a gardar ben as cousas: facer unha bola coa plasti usada, gardar os utensilios de xogo,....

No hay comentarios:

Publicar un comentario