Que ben o pasamos no Rosalía o último día de cole festexando a chegada do Nadal!
Viñemos moi elegantes e iso había que inmortalizarlo nunha sesión de fotos
Todos os Sementeiros e Sementeiras tiveron a oportunidade de entregarlle as cartas ás súas maxestades en man
Mentres esperabamos a nosa quenda para gozar do espectáculo de maxia, fixemos fotos coas nosas bolsas do trimestre
Ao longo da última semana de cole aproveitamos para rematar as nosas portadas,...
... despedirnos do Elfo que revolucionou a Sementeira estes días,...
... inventar historias navideñas coa axuda dun dado, coas que pasamos un rato moi divertido imaxinando finais para os contos,...
... e preparar a felicitación do Nadal que, desexamos chegase a todas as casas.
E volvendo ao día da festa,... pasámolo moi ben cos trucos da maga que nos visitou
E chegou o fin de festa coa despedida por adiantado do ano 2025. Uvas, panxoliñas e moita troula para dar a benvida ao 2026


































































































































































