Despois das merecidas vacacións de Nadal xa estamos de volta na Sementeira. Ao chegar agardábannos os agasallos que os Reis Magos nos deixaron na aula . Fixemos un xogo para ir abrindo o paquete que nos tocaba nunha especie de sorteo.
Estreamos a plasti nova
Fixemos o reconto do rexistro de tempo levado a cabo ao longo do primeiro trimestre
O venres adicámolo a explorar as novas propostas de xogo libre e a disfrutar dos regalos dos Reis Magos.
Recollemos as manualidades de Nadal e levámolas para casa
Retomamos tarefas iniciadas a finais de trimestre. Cada día nos sentimos máis seguros-as descompoñendo números e o concepto de decenas e unidades xa está interiorizado.
Aprendemos a averiguar se un número é par ou impar e fixemos un xogo cos números ata o 100, ordeando cada un de menor a maior.















































































































































































No hay comentarios:
Publicar un comentario