O pasado xoves 18 de xuño vivimos unha xornada moi emotiva nas aulas de Infantil do Rosalía; celebramos a graduación dos Sementeiros e Sementeiras posto que marchan para Educación Primaria.
Días antes elaboramos as invitacións e fomos a repartilas polas aulas
Preparamos a sala de usos múltiples para a ocasión
Fixemos unha entrada triunfal (aínda que con algo de nervios) ante os aplausos de compis e mestras
Recibimos o Diploma que acredita o noso paso a Primaria
E rematamos o acto bailando a "Macarena" por petición popular
A profe Ana tamén recibiu unha sorpresa de parte das familias; Graciñas!





























































































Qué bonita ceremonia de graduación! Pasámolo moi ben! Os graduados e graduadas estaban guapísimos e hai que ver que ben bailaron a Macarena. Ímolos botar de menos pero seguro que virán de visita de vez en cando. Moito éxito na nova etapa!
ResponderEliminar