Que ben o estamos pasando na Sementeira viaxando co noso novo amigo Willy Fog ! Coa axuda de internet visitamos París de xeito virtual e coñecemos a catedral de Notre Dame, o museo do Louvre e ata subimos á torre Eiffel
O xoves estivemos disfrutando da aula de usos múltiples; traballamos, xogamos, decoramos as fiestras con xiz líquido e fixemos ioga
Tamén mandamos unha nota para casa informando da temática para os disfraces de entroido: as viaxes e todo o que pode englobar este tema: medios de transporte, personaxes coñecidos, lugares e monumentos, profesións relacionadas,...
Temos novas propostas de xogo para traballar entre outros conceptos, a orientación espacial, a interiorización do abecedario en minúsculas, a memorización de contidos relacionados cos personaxes do noso proxecto, a agudeza visual, a realización de series con pezas soltas, o concepto de par e impar,...
E tamén temos temática de inverno coa que disfrutamos dende fai varias semanas; están tendo boa acollida na aula aínda que ao non ser obrigatorias, non todos se animan a pasar por estas propostas
