Hoxe celebramos o aniversario da nosa querida Rosalía de Castro.
Levamos varios días coñecendo a nosa veciña padronesa; buscamos información en internet e vimos fotografías da súa casa museo, lemos libros, recitamos un poema, cantamos cancións, fixemos traballos impresos,...Empezamos o día cantando a Rosalía e anotando a data do seu nacemento.
Despois vimos os vídeos que fixemos no cole para conmemorar este 24 de febreiro
Aquí vai o noso poema
No seguinte enlace podedes disfrutalos todos
Deoramos a entrada da aula
Collemos camelias no patio para decorar a nosa aula, igual que decoran a casa museo de Rosalía
Merendamos cos manteis do Día de Rosalía
O Concello de Padrón agasollounos cun conto da poetisa, que hoxe levamos para casa na mochila.
Hoxe estivemos facendo outra actividade impresa, que esperamos rematar mañán.
E no comedor,... Caldo de Gloria!
FELIZ DÍA, ROSALÍA !





































































