miércoles, 5 de diciembre de 2012

Fin da Viaxe

Esta semana Pitiño Branco rematou a súa viaxe polas casas dos sementeiros e sementeiras. Tod@s estamos encantad@s coa experiencia, de feito, queremos que nos siga visitando...  polo que non vos estrañedes se un día, de repente, tedes un invitado a cear ;)
Moitas grazas pola gran acollida que tivo o noso primeiro traballo viaxeiro. Grazas tamén polas vosas aportacións ao muro de opinións do libro. Na aula lemos con moita atención todo o que nos escribiron os papis e as mamis e tamén escoitamos as explicacións que nos daban os nosos compañeiros e compañeiras cando a profe lles pedía que contasen o que fixeran co pitiño.

Na aula temos un recuncho onde estamos colgando as fotos que nos mandades; fainos moita ilusión velas e, de vez en cando, pasamos un rato mirándoas e falando delas.
Aquí podedes ver algunhas das fotos.



Algunhas familias fixeron unha especie de diario. GRAZAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario