domingo, 17 de marzo de 2013

Saída ao TEATRO

Como xa sabedes o venres 15 de marzo foi un día moi, pero que moi especial na Sementeira porque... fixemos a nosa primeira saída do cole tod@s xunt@s. Portámonos moi ben e pasámolo xenial coa obra de teatro "El Patito Feo".
Despois de facer pises, escoller unha parella para sentarnos xuntos, colocar os nosos collares identificativos e repasar as normas de comportamento,  fixemos unha fila para ir ao autobús. Había tempo que a profe Ana non facía unha fila tan rápido e tan ben feita; o motivo? a prisa que tod@s tiñamos por marchar!!!
Acompañounos a profe Victoria.
A viaxe en autobús foi un dos mellores momentos do día.
Ao chegar a Santiago e mentres esperabamos a que nos mandasen entrar,
 tivemos tempo de tomar unhas galletas.
 Fixemos un picnic improvisado no patio do Colexio La Salle.
 Cando por fín entramos no Teatro do Colexio quedamos abraiad@s:
o escenario xa estaba preparado; era moi grande, e había mooooitas butacas!!
Cando se apagaron as luces tod@s quedamos en silencio cos ollos moi abertos esperando a que empezase a obra. Pasámolo moi ben cantando as cancións cos actores e aplaudimos dende o principio ata o fin.




De regreso ao cole tivemos tempo de... 




5 comentarios:

  1. ¡Día fantástico sen dúbida! Cheo de emocións, e polo que vexo as emocións tamén cansan, jajajaja. As miñas felicitacións para todos os sementeir@s que se portaron requetebén!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. moitas grazas profe Teté. A verdade é que foi un día estupendo e moi agotador!!!

      Eliminar
  2. Que ben o pasaron, Ana!! E que "medo" tiñamos algúns dos pais... Encántame velos así e saber que o disfrutaron ó tope!! Moitas grazas, Ana!! Un bico enorme para tódol@s sementeir@s!

    ResponderEliminar
  3. ES VERDAD QUE ESTA PRIMERA SALIDA DABA UN POQUITO DE MIEDO PERO TAMBIÉN HACÍA MUCHA ILUSIÓN. AHORA SÍ QUE NUESTROS PEQUES SE HICIERON MAYORES. PABLO VINO MUY CONTENTO Y LE ENCANTO ESTA NUEVA AVENTURA... Y EL TEATRO TAMBIÉN.

    ResponderEliminar
  4. PAULA, DICE QUE LO PASÓ MUY BIEN Y QUE LE GUSTÓ MUCHO. ESTABA ENCANTADA CON LA IDEA DE IR AL TEATRO Y TIENE MUCHAS GANAS DE REPETIR LA EXPERIENCIA.

    ResponderEliminar