martes, 28 de mayo de 2013

Experimento con Caraveis

Hoxe rematamos o noso terceiro experimento na aula. Tivemos que agardar varios días para ver os resultados do noso traballo, e hoxe recollimos nunha ficha todo o observado.
O mércores da semana pasada despois do recreo comezamos o noso experimento.
MATERIAL QUE EMPREGAMOS
- Probetas.
- Auga.
- Unha xerra.
- Un embude.
- Colorante alimentario (azul e vermello).
- Botes de cristal.
- Caraveis brancos.
PASO 1: ENCHER AS PROBETAS E OS BOTES DE CRISTAL CON AUGA
 PASO 2: COLOREAR A AUGA CON COLORANTES ALIMENTARIOS
Temos tres probetas diferentes: a grande con auga transparente, a mediana con auga vermella e a pequena con auga azul.
PASO 3: METER OS CARAVEIS NA AUGA
PASO 4: FORMULAR HIPÓTESES; ¿QUE VAI A PASAR?
 Ao principio algún neno dixo que os caraveis se iban a estropear. Pero despois de pensar un pouco tod@s chegaron á mesma conclusión: "se van a poner de colores, profe".
Esta foi a conversa que tivemos cando lles preguntei o que pensaban que iba a pasar:
- Que van a tener colores porque están en el color rojo y azul (Alejandro)
-Que se van a convertir en sal (Luis)
- No les va a gustar (Carmen)
- Van morrer (Pablo M.)
- Se va a poner el clavel azul (Roi)
  Cando chegamos de comer o caravel que estaba metido na probeta de auga azul xa tiña cor.
 Pasados un par de días xa se podía apreciar moito mellor a súa coloración.
Estas imaxes son do venres, día 24
 Hoxe martes, este era o aspecto que presentaban
Para rematar o noso experimento faltaba cubrir a ficha de recollida de datos. 
Adicamos o día de hoxe a facela. Esta vez tiña dúas partes:
 primeiro representamos gráficamente o experimento nos seus inicios
E despois representamos o aspecto final dos caraveis logo dunha semana

3 comentarios:

  1. Aos pementeiros gustoulles moito este experimento! quedaron abraiados cando viron que o caravel xa se estaba poñendo de cor azul!!! Estes sementeiros/as sempre teñen sorpresas no cole!!!

    ResponderEliminar
  2. Non sabes o encantados que estaban de que aos "maiores de 5" lles gustase tanto o seu experimento. Grazas Teté!!

    ResponderEliminar
  3. Este experimento encantoume!!! E a Daniela tamén... Un día probarémolo a facer na casa!!! Un bico para tod@s.

    ResponderEliminar