lunes, 2 de junio de 2014

Merendas Saudables

No cole estase a desenvolver un programa de merendas saudables para tentar de inculcar aos nenos e nenas a importancia dunha alimentación sa e variada na que se inclúan de xeito habitual froitas e verduras.
Hoxe Manolo trouxo unha caixa con FRESAS, pequenas delicias que destacan polo seu intenso sabor e as súas excelentes propiedades nutritivas; de feito posúen máis cantidade de vitamina C que moitos cítricos.
 E aínda que houbo quen non as quixo probar, a maioría de Sementeiros e Sementeiras merendamos unhas fresas riquísimas, que deixaron un aroma exquisito na nosa clase.
Carla e Daniela foron das compañeiras que non se animaron a probar as fresas.Estaban un pouco serias non vos parece? Esperamos que se animen a probar a seguinte froita que nos traia Manolo.
Nós xa fixemos as nosas cábalas e, pensando en cal pode ser a seguinte froita saudable ocorréronsenos varias: mazá, pera, melón, sandía, albaricoque,...acertaremos?

1 comentario: