domingo, 22 de marzo de 2015

Sopra neste furadiño

Temos un conto novo na nosa biblioteca de aula:
É moi divertido pois antes de pasar cada páxina debemos soprar moi forte para ler o que pasa. O libro tráenos rimas divertidas, breves, que convidan a achegarse ao burato e non parar de soprar. Porque... quen se resiste? Se ata podemos facer voar un elefante!
Gustounos tanto que decidimos contalo de novo o día que subimos á biblioteca do cole.
Estivemos traballando na biblioteca despois de contar o conto; fixemos unha réplica da portada
 Deixamos unha parte do traballo para colorear con acuarelas outro día
  Ao rematar, estivemos lendo os libros do espazo que temos na biblioteca do cole
E o luns rematamos a nosa tarefa
"Sopra neste furadiño" xa forma parte dos contos viaxeiros dos venres. Este fin de semana levouno Pablo Piñeiro e seguro que o pasarán pipa!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario