jueves, 17 de diciembre de 2015

Correo de Nadal

Este luns estivemos preparando unha sorpresa moi especial e moi secreta (non podiamos contar nada na casa); como xa sabemos que dita sorpresa xa está chegando aos seus destinos imos contárvolo todo polo miúdo,...
Quixemos felicitarvos o Nadal dunha forma divertida e enredamos todo o día na preparación dunha postal que ademais é un adhesivo!! 
Tivemos que pedirlle axuda a Manolo para que as botase na caixa de correos e él moi amablemente recolleu os nosos encargos.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN
E xa que o tema vai de postais, contarvos que xa temos gañador no concurso organizado no cole. O afortunado foi o noso compañeiro LUCAS e hoxe recibiu o seu premio moi orgulloso; este ano a felicitación de nadal do cole leva o debuxo de Lucas impreso.
Tivemos máis sorpresas porque a nosa compañeira AITANA RIVAS quixo endulzarnos un pouquiño a recta final do trimestre e regalounos unhas galletas,...deliciosas!! MOITAS GRAZAS !

E hoxe tivemos a sorte de estar invitad@s á representación teatral dos alumnos e alumnas do grupo de teatro do cole. Era a primeira vez que asistiamos polo que a nosa expectación foi máxima; pasámolo moi ben cunha adaptación do "Conto de Nadal", de Charles Dickens.
 Cuento de Navidad (Dickens)
Temos grandes teatreir@s no Rosalía
 Lembrade que mañá venres celebraremos por todo o alto o Nadal en infantil cunha festa anticipada de fin de ano polo que temos que levar as 12 uvas. Teremos tamén a actuación dun mago e seguramente algunha sorpresiña máis,...
Resultado de imagen de reyes magos

5 comentarios:

  1. Non hay palabras para describir o que facedes con estes nenos,o acontecido solo pasa coa profesora ana,estes momemtos quedaran sempre no recordo dos pais e polo medo que tinamos cando un polino empeza a escola por primeira vez que facil foi,ainda que so foi a primeiro trimestre xa me imagino os seguintes moitas felicidades ana podes estar ben satisfeita cando chegas a tua casa..,felices festas sementeir@s e tamen a todos os papis ata a volta....vemonosss

    ResponderEliminar
  2. Profe nos llevamos una grandisima sorpresa cuando recibomos la felicitacion de Navidad y nos encanto como Amaya supo guardar el secreto hasta el final.Gracias por tantos momentos buenos que nos estais dando.Besazos para nuestros peques y uno grandisimo para ti profe no lo podias haber hecho mejor!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Maravilloso detalle el de la postal. Muchas gracias!!
    FELIZ NAVIDAD a todos!!!. Y a disfrutar de las vacaciones que son muy merecidas!!;-)

    ResponderEliminar
  4. Moi boas as actividades e distintas tarefas feitas ó longo deste trimestre.felicitar à mestra pola súa labor e motivacion dos nenos. Bo nadal a todas as familias da sementeira

    ResponderEliminar
  5. Moi boas as actividades e distintas tarefas feitas ó longo deste trimestre.felicitar à mestra pola súa labor e motivacion dos nenos. Bo nadal a todas as familias da sementeira

    ResponderEliminar