lunes, 9 de mayo de 2016

Xogamos

Na sementeira dedicamos moito tempo a xogar. 
 Resultado de imagen de niños jugando
Algúns dos novos xogos cos que nos entretemos neste trimestre son os seguintes,...
O XOGO DAS PINZAS: consiste en colocar tantas pinzas de cores como nos indica a tarxeta. Traballamos a atención e a concentración, a mellora e precisión da motricidade fina, o concepto de número e cantidade,...
LINKAZOO: un xogo de construción con animais da sabana. a primeira vez que xogamos fixémolo en gran grupo esperando o noso turno, respectando as ideas e achegas d@s demais, propoñendo novas formas de colocación e ata inventando algunha historia a medida que iamos facendo a nosa composición na que os protagonistas eran os animais do xogo.
TAPÓNS: seguimos compoñendo o nome dos nosos compañeiros e compañeiras con tapóns. Desta volta non temos que enroscalos.
PLASTILINA: calquera momento é bo para xogar coa plastilina. É un dos nosos xogos favoritos; entre outras moitas cousas desenvolvemos a nosa creatividade e imaxinación, pode ser unha perfecta ferramenta para afacerse aos diferentes tamaños e proporcións das cousas e tamén axuda a relaxarnos mentres xogamos; ademais aumenta a nosa autoestima cando conseguimos realizar a figura que nos propoñemos e ver que se nos felicitas polo bonita que quedou.
LIBROS VIAXEIROS: agora que xa visitaron todas as casas, podemos xogar cos libros viaxeiros na aula; antes de ir ao recreo sempre temos un tempo para eles.
LIBROS PARA REPASAR TRAZOS: con rotuladores borrables repasamos trazos de letras e números; melloramos a calidade dos nosos traballos escritos pois afianzamos o trazo, máis seguro e resolto, perdemos o medo a intentar trazos novos (curvas, rectas,...) e interiorizamos a direccionalidade das grafías para achegarnos á escrita convencional.
QUEBRACABEZAS:  empregámolos como diversión, entretemento ou simplemente un xeito máis de relaxarnos. Melloran a nosa capacidade de observación, análise, concentración e atención; Exercitan tamén a memoria visual, posto que debemos ter un esquema previo de como era o quebracabezas e lembrar en que lugar temos que colocar cada peza. Construílos esixe lóxica e paciencia.

1 comentario:

  1. Diversion mucha diversion pero lo mejor es que mientras se divierten estan aprendiendo muchisimoooo. Que mas se puede pedir?????

    ResponderEliminar