viernes, 6 de mayo de 2016

Celebracións no cole

A semana pasada celebramos o Día do Libro.
dia_libro
 A intención era festexalo o día en que se conmemora a nivel mundia pois supostamente coincide co falecemento de Miguel de Cervantes e William Shakespeare, o 23 de abril, pero como estaba mal día o Equipo da Biblioteca decidiu pospoñelo para o luns seguinte.
 http://www.diadellibro.eu/images/stories/noticias/carteles_afiches_dia_del_libro_eu_2014_David_Pujol.jpg
Na Sementeira coñecemos a LENDA DE SAN XURXO E O DRAGÓN  da que naceu  a tradición de que, o día 23 de abril, día de San  Xurxo, se regalen libros e rosas.
 
Este foi o conto que lemos en clase, con esceas espectaculares, despregables e textos rimados con moito sentido do humor. Encantounos. 
Fixemos varias actividades impresas: coloreamos con acurarelas un dragón e debuxamos o noso propio monstro.
Participamos na elaboración dunha pancarta para o día da celebración. Tocounos colorear e decorar o número 2
O día da celebración todas as aulas saímos ao patio para contar contos. Pero o primeiro que fixemos foi compoñer a pancarta creada por todas as aulas
Alex, que ese día era o encargado, saiu en representación de toda "A Sementeira" 
 A nosa clase estivo cos nenos e nenas de 4º, que nos contaron dous que nos chiflan: Chocolata e Mariluz Avestruz
Nós ensaiamos durante toda a semana "Crocodilo", un pequeno poema acumulativo que, esperamos, fose do agrado dos nosos compis de primaria.
VERDE, VERDE, VERDE,... O CROCODILO QUE SE PERDE
E SOBE NUN BAÚL AZUL, AZUL, AZUL
E O BAÚL NUN CASTELO AMARELO, AMARELO, AMARELO
E O CASTELO NUNHA PEDRA NEGRA, NEGRA, NEGRA
E A PEDRA NUN TELLADO MORADO, MORADO, MORADO
E O TELLADO NUNHA GRANXA LARANXA, LARANXA, LARANXA
E A GRANXA NUN PIOLLIÑO VERMELLO, VERMELLO, VERMELLIÑO
 cocodrilo  ( de la cuna a la luna )-antonio rubio-9788493378011
 libro73596f7d72abe120647a060f5a6796c4
 O equipo de actividades complementarias e extraescolares organizou un mercadillo de trueque a fin de traballar na educación dun consumo responsable. En educación infantil repartiron vales a todos os nenos e nenas que trouxeron algún obxecto para o mercadillo e realizouse a cabo un sorteo que decidiu o que levamos para casa.

2 comentarios:

  1. Qué contenta llegó Paula con su bolso nuevo!!! Desde ese día lo lleva a todas partes.
    Me parece una actividad muy interesante.
    Ana R.

    ResponderEliminar
  2. Hay dias que tengo la cancion de Mariluz Avestruz todoooo el dia en la cabeza...lo mismo me pasaba con Ventanita de la Clase...Genial lo del mercado del cole,genial recoger pero todavia mejor aprender a dar.

    ResponderEliminar