domingo, 6 de noviembre de 2016

Máis Samaín

Aínda temos pendente  ensinarvos unha chea de cousas que fixemos durante a semana de preparación e celebración da festa.
Pintamos outro mural para decorar o corredor; unha terrorífica caveira e unha momia que parecía saída da tumba de Tutankamon.
Este foi o resultado final do noso traballo
Aquí podedes ver a decoración para o día da festa
Ese día as escobas das "profe-bruxas" tiñan os freos estropeados e acabaron aparcando de urxencia
Tivemos tempo tamén para debuxar unhas cabazas despois de ler o conto:
Resultado de imagen de corre corre cabaciña 
o mural decoraba a aula de psicomotricidade
Pintamos as bocas das nosas arañas para o bolso da festa do Magosto
Os compis de 6º de Primaria prepararon para tod@s nós unha sesión de contacontos que tivemos ocasión de disfrutar na biblioteca xunto co alumnado de 1º de primaria. Sara ata se animou a saír cando pediron voluntari@s.
Amaya trouxo unha cabaza que metía medo. Colocámola como parte da decoración do corredor de infantil.
O noso pasaporte lector estivo relacionado tamén coa temática do samaín. Levamos para casa un libro da caixa de contos terroríficos.
O día antes da festa fixemos un photocall pantasmagórico

2 comentarios:

  1. Que hallowen mas divertido se ha vivido en la Sementeira, asi da gusto

    ResponderEliminar
  2. Coma sempre quedouvos chulísima a decoración de Halloween. Da moito medoooo!!!!
    O photocall pantasmagórico e o bolso-araña son moi orixinales.
    Cantas cousas divertidas facedes!!
    E non hai unhas fotiños dos Sementeir@s disfrazad@s e das profe-bruxas?? Quedeime cas gañas de vervos jijiji
    Ana R.

    ResponderEliminar