jueves, 19 de enero de 2017

Recuncho de Arte

Na Sementeira temos a sorte de ter un recuncho para o noso proxecto de arte, cheo de cousas interesantes. Hai moito material: atlas, libros do mundo, biografías de grandes artistas, enciclopedias, miniaturas de monumentos, bandeiras, unha máscara veneciana, moedas de diferentes países (dólares, libras,...),  fotografías, postais, unha Menina preciosa, un globo terráqueo,...
E temos a sorte de que seguen chegando achegas das familias para o recuncho.
LUCAS viaxou ata Cuenca para visitar o Parque Arqueolóxico de Senóbriga e trouxo un montón de fotografías e un imán para a neveira da profe Ana 😃
PEDRO foi de paseo por Santiago e tamén trouxo fotos
LÍA trouxo a Estatua da Liberdade e o Empire State, dólares, fotografías
Tamén un libro de Gaudí e unha imaxe da Sagrada Familia
Unha acuarela preciosa de Rusia
 Un imán da Gran Muralla China
 recordos de Irlanda e moitas postais do museo Guggenheim de Bilbao
Tamén atopou unha noticia sobre Maruja Mallo no periódico, e quixo compartila con tod@s. Moitas grazas Lía !!
 PAULA trouxo unha fotografía duns nenos de Burkina Faso
E AITANA tamén visitou Santiago e trouxo dous regalos para a aula que foron moi ben recibidos por tod@s @s compis
 E por se iso non fose pouco, os Reis de Oriente tamén deixaron un paquetiño na casa da nosa compañeira para a aula Sementeira. Que ben se portan estes Reis !
Como vedes, temos moitísimo traballo por diante para averiguar de onde son todas as cousas novas que temos no recuncho.  Non imos a ter tempo de aburrirnos !!

No hay comentarios:

Publicar un comentario