lunes, 20 de febrero de 2017

Chegou o Meco

Estamos na semana de entroido e ao cole chegou un ano máis o Meco, que nos anima a vir disfrazados cada día cunha cousa diferente. Hoxe luns, o Rosalía foi o cole máis colorido de toda Galicia cos nosos disfraces estilo "hippie"
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
E para entrar con bo pé nestas festas tan divertidas, nada mellor que a merendola que nos zampamos grazas a Amaya e a súa familia. Unhas orellas que estaban de rechupete.
 
O caso é que o venres Amaya trouxo unha orella para merendar e a profe Ana, que é unha larpeira, díxolle que a ver cando lle traía unha. Pois non tivo que esperar moito, non. Está claro que Amaya soubo dar moi ben o recado na casa 👌😜
Un postre tan galego merecía unha foto no noso panel de Galicia
 
 
 
 
 
 
 
 E mañá todo o mundo vestido para ir á praia!!

2 comentarios:

  1. Guapísimos tod@s!!!!
    Esas orellas teñen unha pinta tremenda!!
    Ana R.

    ResponderEliminar
  2. Encantados de poder compartir con todos vosotros esas orejas,aunque creemos que no llegaron a mucho... Esperamos os hayan gustado entre tanta PAZ y AMOR!!!

    ResponderEliminar