martes, 14 de marzo de 2017

Matisse

Levamos un tempo coñecendo a obra de Henri Matisse na aula. Gústanos moito un libro que temos no recuncho titulado "Las tijeras de Matisse". De feito, empezou a viaxar polas casas este pasado fin de semana.
En colaboración coas demais aulas de infantil recreamos un dos seus collages máis famosos: "a herba"
 
Pintamos con témperas e, unha vez secas, fomos pegando entre tod@s as nosas "herbas"
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
O resultado final quedou máis ou menos como o orixinal
 
Os nenos e nenas da Pementeira foron @s encargad@s de decorar as letras co nome do pintor
 
 Como Matisse era un experto manexando as tesoiras, decidimos que era o momento de iniciarnos nesta actividade na aula. Cortar papel con tesoiras implica un dominio e control óculo-motriz importante, polo que temos que practicar moito. O xoves pasado tivemos a primeira toma de contacto, recortando nun folio branco.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
E o venres, convertémonos todos en Matisse por un intre e elaboramos unha composición entre tod@s con recortes de papel de cores
 
Non tiñamos máis premisa que recortar o papel e pegalo onde houbese un sitio. Este foi o resultado final.
Non se parece aos collages de Matisse pero como se trataba dunha toma de contacto coas tesoiras, non nos importou moito a estética final pois tiñamos outros obxectivos: traballar a coordinación fina motriz, a coordinación bilateral e a coordinación oculo-manual e, a ser posible, non cortar un dedo 😂

2 comentarios:

  1. Seguramente que lo de recortar le guste mucho a todos.Amaya puede pasarse una mañana entera recortando.Que guay verlos trabajando y siguiendo la clase!!!!

    ResponderEliminar
  2. Hoy paseando cerca de Finisterre nos quedamos boquiabiertos cuando Amaya al ver un cuadro nos dijo"mira la Mujer Azul de Matisse".Con todo esto nos damos cuenta que en algunos temas va por delante de nosotros.Perdona nuestra ignorancia profe.Nos quitamos el sombrero ante vosotros!!!!!

    ResponderEliminar