jueves, 18 de mayo de 2017

Letras Galegas 2017

Onte celebramos o Día das Letras Galegas, celebración instituida en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou polo seu defensa da devandita lingua. Cada ano dedícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, e este ano o elexido foi CARLOS CASARES.
Resultado de imagen de CARLOS CASARES 
Dende a semana pasada estamos coñecendo un pouquiño da obra do autor e, de entre todos os libros quedamos coa GALIÑA AZUL. Xa o temos na nosa biblioteca de aula desexando ir nas bolsas viaxeiras dos venres.
Despois de ler detidamente o libro analizamos as características desta galiña tan especial: resulta que ten cinco plumas vermellas na á dereita, pon ovos de cores e ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó.
Tendo en conta todos estes datos, fixemos a nosa propia versión. E quedaron tan ben que as colocamos na entrada do cole para decorar o espazo dedicado este ano ás Letras Galegas.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 Tamén pintamos máis galiñas para o teito e unha chea de laranxas homenaxeando outro dos libros máis coñecidos de Carlos Casares: "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas".
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 Entre tod@s decidímonos a facer o noso propio libro da Galiña Azul que escribimos e ilustramos, e xa case está terminado. Amosaremos o proceso de creación noutra entrada do blogue. Estade atent@s!
Algúns compis animáronse a participar no concurso de debuxos organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua. Moitas grazas !!
 
 
 
 
 
 
 
 Rematamos esta celebración converténdonos en galiñas con este gracioso photocall
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
E mirade ben de preto estas galiñas a ver se vos resultan coñecidas,...
 
 
 

Resultado de imagen de dia das letras galegas

1 comentario:

  1. ¡Moitas galiñas hai estes días polo cole! E canto traballaron os "sementeiros/as" para o Día das Letras Galegas!

    ResponderEliminar