lunes, 8 de mayo de 2017

Misión Rescate

Hai uns días ao chegar á aula descubrimos que tiñamos un visitante inesperado; un paxariño na Sementeira !!. Non sabemos moi ben por onde entrou; o caso era que non conseguía saír e tivemos que axudalo un pouco. Chamamos a Manolo para que nos botase unha man en tan ardua misión e fómoslle axudando cos nosos expertos consellos sobre como atrapar a un paxaro asustado. Ao final conseguimos o noso propósito e soltamos ao paxariño para que surcase de novo o ceo padronés. A saber onde estará. Nós cremos que non lle gustou moito o seu "primeiro día" de cole.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

1 comentario:

  1. Ohh...¡¡que aventura tan chula!!¡¡sementeiros al rescate!!
    Pedro no contó nada en casa pero estoy segura que se puso como una moto.

    ResponderEliminar