jueves, 3 de mayo de 2018

Un libro,... Un Amigo

 O luns, día 23 celebramos o Día do Libro.


 Na Sementeira levamos actividades relacionadas cos libros ao longo de toda a semana para conmemorar unha data tan importante; tivemos sesións de contacontos, visitamos a feira do libro da biblioteca do centro, lemos lendas, falamos dos nosos contos favoritos, fixemos debuxos,...
 O luns escribimos na libreta o título do noso conto favorito e fixemos un debuxo.

O martes  visitamos a feira do libro organizada na biblioteca do cole e mercamos un libro para a nosa biblioteca de aula.
 Varios sementeiros e sementeiras mercaron un novo título para a súa colección e quixeron traelo ao cole para compartilo con tod@s.
Tamén o martes recibimos a visita dos papis de Amaya, que nos viñeron a contar o conto favorito da nosa compañeira. Viñeron perfectamente caracterizados de Cornelio e Gala, os protagonistas do conto, e pasámolo pipa escoitándoos.

 Ao rematar, diploma e sorpresa para o público pois os papis de Amaya quixeron deixarnos unha morea de doces bicos. Sospeitamos que teñen unha máquina de fabricar bicos na cociña da súa casa.
O venres tocoulle o turno a Lola, a irmá de Paula Ces; chegou disposta a facernos pasar un rato divertido co conto preferido de Paula e conseguiuno porque nos gustou moito.


 Unha vez rematado o conto, todos puidemos velo de preto porque a portada escondía algunha sorpresiña.

 Paula regaloulle a Lola o xa tradicional diploma
E para rematar a visita, Paula e Lola trouxeron unhas palmeiras de chocolate feitas por elas. Moitas grazas


Coñecemos a lenda de San Xurxo e o Dragón; a victoria do ben sobre o mal. O día de San Xurxo (día do libro), conmemora a morte de Xurxo de Capadocia.
  
Aquí están os nosos debuxos sobre a lenda


Como vedes, tivemos unha semana chea de historias

5 comentarios:

  1. Un aplauso enorme para esos papis tan divertidos que se disfrazaron para leer el libro! La sorpresa debió de ser mundial.
    Y por supuesto un aplauso enorme para Lola que ejerció de hermana mayor de forma ejemplar

    ResponderEliminar
  2. Cuantas actividades y días especiales tenéis Sementeir@s, qué suerte!!.
    Ana y Michel graciosísimos, seguro q los niñ@s se divirtieron muchísimo.
    Lola fue encantada!! Tenía muchas ganas de ir. Gracias Ana porque tanto Lola como Paula lo disfrutaron mucho, y aunque por motivos de trabajo no pudimos ir, nosotros también lo disfrutamos al poder verlo aquí.

    ResponderEliminar
  3. Gracias chicas!!!!Y gracias profe por darnos esta oportunidad,para nosotros fue muy especial poder estar con todos ese ratito.Nos quedamos con su espontaneidad y lo que masr nos llamo la atención es el silencio ABSOLUTO durante la lectura del cuento,se ve que les debe de encantar!!!!Y de Lola que decir....precioso ver a esas hermanas juntas!!!! EXPERIENCIA INOLVIDABLE Y SUPERGRATIFICANTE!!!

    ResponderEliminar
  4. Felicidades a los papás de Amaya!!! Y que bonita experiencia la de Lola,me encanta!!!

    ResponderEliminar
  5. Viva! Mola mucho chicos! Felcidades a los Papis de Amaya y a Lola.

    ResponderEliminar