domingo, 13 de mayo de 2018

Guillermo

Seguimos coas sesións de contacontos na Sementeira. Desta volta tocoulle o turno a Zaira e María, as mamás de Aitana Rivas e Pedro Pérez. Viñeron a contarnos Guillermo el globito, un conto para xestionar a ira.
Que pais non se viron algunha vez arrastrados polas rabechas dos seus fillos, gritando como eles e sen saber como manexar esas situacións? A Guillermo pásalle algo así: cando se enfada, aínda que sexa por algo insignificante, ínflase e ínflase e...
Chegaron con Guillermo, a nova mascota da clase, e colocárono nun lugar estratéxico para escoitar o conto.









O conto danos algunhas ideas para relaxarnos e dispuxémonos a poñelas en práctica: saltar á pata coxa, contar ata dez, darnos unha pequena masaxe,...

Despois iniciouse un pequeno debate sobre que é iso da ira, como a xestionamos, que cousas nos enfadan,... e propuxemos moitas formas de botala fóra do noso corpo.
Pero o mellor estaba por chegar porque María e Zaira fixeron aparecer globos coma Guillerno que representaban a ira. Non tardamos en propoñer soltalos para que marchara voando polo que saímos ao patio.


Quedamos moi a gusto despois de liberarnos de tanto pensamento negativo.
 De volta na aula, diploma para as mamis.
 E a cousa non quedaba ahí porque levamos para casa varios regalos.
O libro tamén foi un regalo para a nosa biblioteca de aula e tivo tanto éxito que xa está viaxando por todas as casas co boneco incluído.
MOITAS GRAZAS POR TODO MAMÁS

4 comentarios:

  1. Que chulo!!!!😍 moi ben mamis!Estos sementeir@s están como queren. Estarán desexando que vaian os seguintes pais ler o libro

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias a la profe por dejarnos vivir una experiencia tan bonita y divertida,tengo que decir q al principio estaba muy nerviosa,pero a medida que empezábamos me tranquilizaba el ver como nos miraban,atendían y lo bien que se lo estaban pasando!! Gracias a todos sementeir@s por ese rato tan especial y bonito,sois geniales!!🎈

    ResponderEliminar
  3. Yo igual que Zaira, al principio estaba nerviosa, pero lo pasamos genial, genial...fue divertidisimo, volvería mañana a contar otro cuento sin pensarlo.
    Muchas gracias a la profe Ana Y a todos los sementeir@s. Un millon de muacas y hasta próxima.

    ResponderEliminar
  4. Felicidades mamis que bonito!!!! Hasta a nosotros nos hubiese gustado estar ahi...que buenas sus caritas de sorpresa,atencion e ilusion...conociendolos el dia que más van a estar deseando que llegue es el dia del cuento de los papas.Cuanto vamos a echar de menos esto el próximo año!!!!!!

    ResponderEliminar