domingo, 13 de enero de 2019

De Volta

Pois xa estamos de novo no cole coas pilas ben cargadas despois de aproveitar a tope as vacacións de Nadal. O martes cando entramos na clase levamos unha sorpresa porque os Reis Magos non se esqueceron de facer unha paradiña no Rosalía e tivemos a sorte de que nos deixaran moitos regalos: libros sobre o proxecto, xogos de construcción, maletíns para o noso pasaporte lector e ata unha bolsa de manzanilla. As súas maxestades están moi ao tanto de todo o que facemos na Sementeira a xulgar polos regalos que nos deixaron 😉
O primeio que disfrutamos foi un dos xogos de construcción. E sabedes o que construímos? pois o labirinto do Minotauro.
 O xoves celebramos o aniversario de Olivia, que durante as vacacións cumpliu catro anos.

Compartimos gusanitos e galletas. Moitas grazas Olivia.
Ah por certo, temos equipos novos; o martes escollemos un novo sitio onde sentarnos durante este trimestre. Pronto lles poñeremos nome.
 Aproveitamos esta semana para rematar unha tarefa que empezamos antes de marchar de vacacións e que pronto poderedes disfrutar nas casas. Estamos desexando telo todo listo para que empece a viaxar.
 Despois do panel seguimos practicando as sumas na nosa máquina.
O venres puxemos o nome nos chaveiros que nos trouxeron os Reis Magos para identificar o noso novo Maletín do Pasaporte Lector.
 Retomamos o noso Poxecto Trisquel deixando atrás a mitoloxía celta para adentrarnos na grega. Os compañeiros e compañeiras da Pementeira elaboraron un mural con moitos dos personaxes máis famosos desta mitoloxía. . Algúns xa os coñecemos e os demais traballarémolos ao longo das vindeiras semanas. Os libros que nos deixaron os Reis Magos teñen moita información pero necesitamos máis polo que mandamos unha nota nas libretas pedindo material para o noso recuncho.

3 comentarios:

  1. Cantos agasallos,vese que na Pementeira portanse moi ben!!!
    Menuda maleta más chula e cómoda🤩🙂
    A Carlota gustoulle moito o conto de Ícaro!!!

    ResponderEliminar
  2. Olaya mama Cristina19 de enero de 2019, 15:34

    Madre mia cantos regalos tiveron os nosos pequenos sementeiros... Debense portar moi ben!!!

    ResponderEliminar