domingo, 3 de febrero de 2019

Paz 2019

Este mércores, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz. 
Xa sabedes que levamos un tempo participando na elaboración do mural de Mafalda que está no patio do cole; Xa está rematado, pero este mércores choveu tanto que non puidemos saír a fóra e tivemos que facer a conmemoración do Día da Paz no ximnasio do cole.
Aquí estamos aproveitando os momentos en que non chovía para pintar no mural; e mentres uns pintaban, outros xogaban.




 Todo o cole xunto cantamos pola Paz e escoitamos aos nosos compañeiros do clube antiviolencia.
Este ano a canción elexida como banda sonora foi "One Love" de Bob Marley.
Disfrutamos da chocolatada preparada polo alumnado de 6º para recaudar fondos para a súa excursión.
Durante toda a semana levamos a cabo diferentes actividades na aula. 
Coñecemos a Wangari Maathai, ecoloxista keniana premio Nóbel da paz no ano 2004 pola súa contribución ao desenvolvemento sustentable, a democracia e a paz.
 Lemos o conto "Wangari y los árboles de la Paz" que nos prestaron os compis da "Pementeira"
E fixemos o noso propio bosque de Kenia nunha ficha
Decoramos unha das xanelas da nosa clase con corazóns baixo o lema "Peace and Love". Cando estea rematada xa vola ensinaremos.
Resultado de imagen de gif animado paz

No hay comentarios:

Publicar un comentario