domingo, 26 de mayo de 2019

Letras Galegas 2019

O pasado xoves 16 de maio festexamos por todo o alto no Rosalía o Día das Letras Galegas.
Ao longo da semana elaboramos un mural para decorar as escaleiras do cole co nome de moitos dos homenaxeados ao longo destes anos. A nós tocounos elaborar o chanzo adicado a Francisco Añón.
Así quedaron as escaleiras que soben á biblioteca
Acudimos a unha representación teatral por parte dos nenos e nenas da clase de 2º da profe Martina. Fixeron un gran traballo e a obra gustounos moitísimo. Parabéns chic@s !

Despois do recreo pasamos por diferentes obradoiros nos que tamén disfrutamos moito.



No último obradoiro recibimos unha peza de crebacabezas.
Ramatamos a Romería das Letras Galegas compoñendo entre todas as aulas do cole un crebacabezas de Antón Fraguas e escoitando ao grupo de gaitas que nos acompañou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario