miércoles, 11 de septiembre de 2019

Estreando Curso

E chegou o momento de reencontrarnos tod@s xunt@s un ano máis na Sementeira; foi un día de risas, de contar as nosas aventuras do verán, de xogar de novo na aula,... Pasounos a mañá voando!
Xogamos, escollemos percheiros, fixemos unha tarxeta para identificar as nosas cadeiras, volvemos a xogar, merendamos de picnic, disfrutamos do patio, xogamos outro pouco,....e xa vos contamos que xogamos non?😅
Recibimos a unha nova compañeira; YOUSSRA chegou disposta a pasalo xenial no seu primeiro día de cole e nós estamos encantados de recibila.
BENVIDA AO COLE YOUSSRA!!

3 comentarios:

  1. Olaya Mamá Cristina13 de septiembre de 2019, 8:35

    Normal que viñeran tan contentos o primeiro dia. Xogos, picnic,... que divertido!!! E benvida Youssra!!!

    ResponderEliminar
  2. Benvida Youssra!!!
    Qué ganas de ver @s compis e á profe!!!
    A disfrutar desta nova aventura😉

    ResponderEliminar
  3. Benvidayoussra🎉. Que ben o pasaron asi van con tantas ganas o cole. Gracias profe Ana😊

    ResponderEliminar