martes, 12 de enero de 2021

Números

 Onte estreamos un dos regalos dos Reis Magos, os números magnéticos. Fixemos un xogo de agudeza visual e recoñecemento dos números ata o cinco. Pasamos un rato entretido xogando tod@s xunt@s, agardando o noso turno para participar, axudando aos compañeiros e compañeiras que o necesitaban, prestando atención ás explicacións da profe,... 

Todavía lles costa un pouco estar atentos e atentas durante todo o xogo (a uns máis que a outros) polo que debemos parar a actividade para pedir atención, silencio, participación,... pero pouco a pouco poderemos facer cousas que requiran un tempo de atención máis longo.





















E hoxe iniciamos unha nova rutina; cada día o encargado ou encargada compoñerá a data con letras e números imantados. Hoxe foi o turno de Sabela e fíxoo moi ben polo que recibiu o aplauso de compis e profe.



2 comentarios: