domingo, 25 de abril de 2021

Días Especiais

 Esta semana tivemos dúas conmemoracións moi importantes.

O xoves día 22 festexamos o Día da Terra.

Falamos da importancia de coidar do noso planeta, vimos algúns vídeos en internet que nos ofreceron consellos para contaminar menos, visitamos a horta do cole e sacamos unhas fotos moi divertidas coa pelota que nos prestaron os nenos e nenas da aula da Guarida Secreta e a profe Eva.

































O venres festexamos o Día do Libro

Escollemos o noso conto favorito e gravamos un pequeno vídeo para participar na actividade proposta dende a Biblioteca do cole para conmemorar esta data. 

Aquí vos deixo un vídeo coa nosa aportación.
 

Coñecemos a lenda de San Jorge e o dragón e fixemos unha actividade impresa









Por certo, esta semana levaron para casa un novo exemplar do noso periódico Novas de Infantil. Desexamos que vos guste.





No hay comentarios:

Publicar un comentario