viernes, 17 de septiembre de 2021

Primeiros Traballos

 Esta semana estivemos traballando nunha secuencia didáctica sobre os animais mariños. Unha secuencia didáctica é un conxunto de actividades de aprendizaxe interrelacionadas e encadeadas, que xiran arredor dun tema; neste caso, e dado que vimos de disfrutar do verán, a temática escollida foron os animais mariños. Levamos a cabo actividades grupais (visionado de enciclopedias, contos, documentais, conversas colectivas,...) e individuais (grafomotricidade, lóxica-matemática, lectoescritura, plástica,...)

Na aula temos un recuncho onde disfrutar de diverso material que nos axuda a seguir investigando e interiorizando todo o que estamos aprendendo sobre os animais do mar.

Partimos dunha conversa colectiva onde falamos das vacacións e máis concretamente, dos días que disfrutamos na praia. Titulámolo "Aventuras na Praia" . Despois fixemos un listado dos animais mariños que coñecemos.

 

 

 Despois de contar o conto "Don caballito de mar", buscamos información en internet sobre este peixe e aprendemos algo moi curioso que espero que vos conten os Sementeiros e Sementeiras 😉.

 
 

 Vimos un documental e fixemos o noso cabaliño, ao que tivemos que poñer un nome. Para poder debuxalo con precisión estivemos fixándonos nos detalles do seu corpo. Despois levamos ao papel todas as nosas observacións. Este foi o resultado














Como actividade final fixemos un debuxo onde ilustramos todo o aprendido ao longo da semana.
















6 comentarios:

  1. Pois sí que empezaron traballadores!!!!

    ResponderEliminar
  2. Gran tema que sempre gusta e co que aprendemos cousas novas de cada vez!!!

    ResponderEliminar
  3. Pero que bonitos esos debuxos😍😍seguro disfrutaron moito aprendendo cousiñas novas

    ResponderEliminar
  4. Dice Thiago: Gracias por enseñar mi dibujo, me gusta mucho.
    Que bien dibujan estos niños!!!🥰🥰

    ResponderEliminar
  5. Que pasada!! Me encantó ver los dibujos y los comentarios de lo que hicieron en la playa, que forma más chula de dar sentido a lo que hacen. Nos encantó ver a estos pequeños artistas!!!

    ResponderEliminar
  6. Son uns pequenos artistas!! Mira que fixeron cousas chulas no verán, moito dou de sí

    ResponderEliminar