lunes, 1 de noviembre de 2021

Samaín e Magosto 2021

 E chegou a esperada festa do Samaín. Este venres o cole converteuse nunha morada de monstros, momias, vampiros, esqueletes,... e demais seres terroríficos.

Nin que dicir ten que o pasamos,... DE MEDO !














































Non tivemos sorte co tempo polo que tivemos que comer as castañas na aula; aínda así disfrutámolas moito






E despois das castañas, a nosa merenda. Algunhas compañeiras trouxeron comida terrorífica !




Na hora do recreo quedamos petrificad@s pola profe Medusa










Os xogos populares do Magosto gustaron moito. 
Carreira de tartarugas, bolos terroríficos e tragacastañas
 
 
 
 
 
























































Elaboramos unha deliciosa sopa sementeira, axudándonos da nosa imaxinación e da ruleta que contiña ingredientes "deliciosos"

 

Fíxose entrega dos premios do concurso de cabazas e a nosa compañeira Amelia resultou gañadora na categoría de Educación Infantil. Parabéns Amelia !
 


 
Moitas grazas a todas as familias que participaron
 
E para rematar o día gardamos nas mochilas un pequeno agasallo; unha man terrorífica !











 Desfrutade agora con este vídeo onde poderedes ver  a todas as criaturas terroríficas da Sementeira xuntas
 
Como podedes ver, foi un día repleto de actividades que na Sementeira disfrutamos a tope, peques e non tan peques 😉

9 comentarios:

  1. Pero que medo dan éstos peques, están todos xeniais. A profe medusa está espectacular. Alégrome que disfrutarades moito do día 🥰🥰👏👏

    ResponderEliminar
  2. Menudo día máis completo!! Cantas cousas e que caras de felicidades. Todos estabades espectaculares. Parabens a todos.🥰🥰🥰

    ResponderEliminar
  3. Pero que medo dan todos!!!!,incluida a profe medusa
    Da gusto velos disfrutar cas tradicions de sempre

    ResponderEliminar
  4. Que medo dades peques😱😱😱😱 Que Bo poder volver a disfrutar das festas🥳🥳🥳🥳!!!

    ResponderEliminar
  5. Raquel - Mamá de Paula P.2 de noviembre de 2021, 13:38

    Gran día para os peques!!!
    Que ben o pasaron!!!
    Estaban tod@s terroríficamente guap@s!!������‍♀️������‍♀️
    Da gusto volver a ver como disfrutan con estas festas!!!��������

    ResponderEliminar
  6. Mamaiña!!! que cantidade de cousas. ENCÁNTAME,están tod@s guapisim@s e cunha cara de felicidade que non ten prezo. 👻🎃👻🎃👻🎃👻🎃

    ResponderEliminar
  7. Todos terrorificamente guapisimos!!! Deberon de pasarolo pipa

    ResponderEliminar
  8. Pero que divertido!! E increíbles!!! O da sopa encantoulles porque foi Unha das primeiras cousas que contou!! Que gusto velos de Festa e disfrutando así!!!

    ResponderEliminar
  9. Que guapos e terroríficos foron tod@s!!!

    ResponderEliminar