sábado, 5 de febrero de 2022

Cebolas e Contos

Este xoves retomamos o coidado da horta do cole. Da man de Carmen e do profe Jose, visitamos as árbores que plantamos o ano pasado e fixemos unha nova plantación;  Tocounos plantar cebolas e, grazas as explicacións de Carmen, xa sabemos distinguilas. Preguntade na casa, veredes todo o que vos contan



















Ao día seguinte recollimos todo o aprendido nunha actividade impresa


A partir de agora os venres son un día moi especial na Sementeira porque estreamos a rutina do noso Pasaporte Lector. Cada venres levarán un conto para disfrutar na casa e terán que traelo de novo para o cole o luns seguinte. Onte fixemos a primeira folla do noso Pasaporte para que este fin de semana tod@s vos expliquen o que deben facer






















Levaron os contos con moita ilusión. Xa me contaredes 😉

1 comentario:

  1. Madre mía qué contentos. Thiago chegou o venres superemocionado e todo orgulloso co seu pasaporte lector. Esforzouse un montón e botoulle moitas ganas ...Seguide así Sementeiros!!!🥰

    ResponderEliminar