miércoles, 21 de septiembre de 2022

Unha Nova Rutina

 Pouco a pouco imos introducindo pequenas novas rutinas na hora do Panel. O encargado ou encargada do día reparte as pizarras e comezamos a traballar; copiamos a data, o tempo,  a estación, e debuxamos ao encargado-a fixándonos moi ben en todos os detalles



Facemos o retrato de Ana fixándonos en todos os detalles












Onte empezamos esta nova rutina e hoxe ao chegar o primeiro que fixeron foi preguntar se a iamos a repetir. Parece que, de momento, están encantad@s con esta nova proposta


Alba posando mentres os compañeir@s a debuxan













 
 
Ao rematar limpamos a conciencia as pizarras para que queden listas para o día seguinte




Déixovos un pequeno vídeo para que vexades o concentrad@s que estiveron hoxe na tarefa

Como podedes comprobar, seguimos cos acrósticos, que tamén están dando moi bos resultados pois cada vez se animan a participar con moita máis soltura



1 comentario:

  1. Cómo nos gusta esta nova rutina que concentración teñen!!👏👏👏👏

    ResponderEliminar