viernes, 12 de mayo de 2023

Contacontos

 Esta semana puxemos en marcha as nosas Sesións de Contacontos Familiares. O mércores visitounos Berta, a mamá de Paula Barreiro, e contounos unha morea de contos con protagonistas coma cans pintores, unicornios ou focas perdidas. Pasamos un rato moi agradable escoitando as historias do libro escollido pola nosa compañeira









Ao rematar Paula fíxolle entrega a Berta, dun Diploma co que queremos agradecer a vosa visita


GRAZAS BERTA !!


E nós tamén recibimos agasallo porque Paula regalounos un paraugas de chocolate 😋




 
Hoxe foi o turno de Geni, a mamá de Aroa; tivo unha axudante excepcional, pois a nosa compañeira axudou a mamá a contarnos unha historia de piratas












Ao rematar, Diploma para Geni e chocolatina para @s  Sementeir@s
GRAZAS GENI !!




2 comentarios:

  1. Moitas grazas por deixarme participar nesta experiencia, encantoume!!!!

    ResponderEliminar
  2. Olé!!! Que cara de satisfacción deste peques sementeir@s!!! Que ganas de verlos!!

    ResponderEliminar