lunes, 5 de junio de 2023

Proxecto Ríos

 Un ano máis dende a Sementeira participamos no "Proxecto Ríos" co fin de seguir creando conciencia medioambiental e valorar a importancia da preservación e conservación da natureza. Aproveitando o noso "Proxecto Egeria" viaxeiro, coñecemos características e fauna dalgúns ríos de países lonxanos. Sabemos por exemplo, da importancia cultural do Río Ganges, na India ou do valor que ten para os estadounidenses o aguia branca pois é o símbolo deste país. Na aula levamos a cabo diferentes actividades relacionadas coa lóxica-matemática e a lectoescritura que tiveron como fío conductor a fauna presente nos ríos a nivel mundial. Dúas destas propostas tiñan carácter obrigatorio e os nenos e nenas da Sementeira traballaron nelas ao longo de toda unha semana.




































































No hay comentarios:

Publicar un comentario