jueves, 14 de septiembre de 2023

Un gran día

 Hoxe foi un gran día na aula; os pequenos Sementeiros e Sementeiras chegaron moi content@s  porque a súa primeira viaxe en bus ao cole foi toda unha aventura a xulgar polas caras de felicidade que traían ao entrar. Gardamos as nosas pertenzas nas bolsas dos percheiros, colocamos a libreta viaxeira no seu sitio e puxemos os mandilóns (cunha pouca axuda por parte da profesora)😉

En gran grupo lemos o conto "Cocorico" e disfrutamos cantando a canción

Traballamos, merendamos, saímos ao patio, xogamos nos recunchos e estreamos novas propostas de xogo coas que desenvolver a nosa motricidade fina.

















En gran grupo divertímonos xogando a borrar figuras xeométricas do encerado, seguindo a consigna da profe.













O momento máis importante do día foi sen dúbida a hora do comedor.

Estará rica a comida?

😉


1 comentario:

  1. Benvidos e benvidas! Que marabilla ver a este novo grupo de sementeiros/as preto de nós e que ben se están adaptando polo que podemos ver, facendo un montón de cousas como se levaran xa un montón de tempo no cole. Xa nos estamos coñecendo e agora que rematou o período de adaptación xa nos imos ver moito máis e seguro que disfrutamos todos e todas de momentos interesantes e divertidos.

    ResponderEliminar